mércores, 25 de xaneiro de 2017

LEDICIA COSTAS VISITA HUMBERTO JUANES!!!!





O luns 23 visitounos a escritora Ledicia Costas. Antes de empezar o encontro lle puxemos o vídeo que preparon as aulas:







 O alumnado que puido gozar da súa visita fainos estas reflexións sobre a súa charla:

 



Ledicia Costas:
Escritora galega, naceu en vigo (Galicia) o 19 de setembro de 1979. En 2015 Ledicia costa obtuvo o premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co conto: Escarlatina, a cociñeira defunta. comenzou a escribir con 12-13 anos. Neta dun inventor e filla de de dous creadores de soños. Publicou : Escarlatina, a cociñeira defunta; Esmeraldina, a pequena defunta; Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta; O corazón de Xúpiter, Recinto gris, Un animal chamado néboa e Unha estrela no vento. Agora ten 37 anos e numerosos premios grazas ás súas obras.

Coñecer a Ledicia Costas foi un placer. gustounos comentar detalles dos libros, como cando no libro de Escarlatina, Román meteu a Dodoto na lavadora, que foi unha historia real da súa avoa. Tamén nos gustou que Ledicia compartira os valores da lectura con nós.
Sen dúbida estariamos encantados de volver a tela no cole. agradecemos o teu paso polo noso colexio e que fixeses un oco na túa axenda para falar con nós

Xián, Clara, Javier e Marta de 5º B

Ledicia Costas é unha escritora con ides moi boas e graciosas. Contounos que gañou moitos premios e anécdotas como que a súa avoa meteu o gato na lavadora ou que o seu avó quentaba o coche cunha estufa.
A Ledicia gústalle a cociña e comer, os vampiros, o negro e os cabalos. Ela é moi creativa e tamén Victor Rivas fixo moito traballo como ilustrador debuxando. Se te fixas hai uns detalles moi macabros nas ilustracións.

Inés, Martín, Alicia e Irene. Equipo Wellingtong. 5º B

Ledicia comentou que de cativa algúns dos libros que máis lle gustaban eran os da colección "El pequeño vampiro". Podes atopalos na sección de I2 da nosa biblioteca e inspirarte neles para ser un gran escritor ou escritora coma Ledicia!








Ningún comentario:

Publicar un comentario