mércores, 13 de abril de 2016

UNHA VISITA MOI ESPERADA

Bo día! A verdade é que en BIBLIOROBIÑO sempre están acontecendo cousas!
Esta semana o alumnado de 5º recibiu na biblioteca a Alicia Borrás Sanjurjo, autora de Nata y Chocolate, que foi o primeiro libro que leron os membros do clube de lectura.  Alicia Borrás naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora.  Coa súa obra Versos graciosos, sabrosos y jugosos quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria.
O alumnado quedou moi contento coa súa visita, e ela tamén, xa que os membros do clube de lectura lle tiñan preparado unha bonita homenaxe. Vós tamén podedes gozar dela:







Ao finalizar a charla catro locutores de Radio Vilameán grabáronlle a estrevista que escoitamos no patio o mércores 4 de abril.


Ningún comentario:

Publicar un comentario