martes, 28 de novembro de 2017

BAIXO O MESMO PARAUGAS. DÍA DA DISCAPACIDADE



Como cada ano o noso centro colabora co Centro Juan María no día da discapacidade, o 3 de decembro. Este ano co lema "Baixo o mesmo paraugas", reflexionaremos sobre a necesidade de todas as persoas a participar e sentirse parte da nosa sociedade.

Esta proposta ademais viaxará a tres puntos de Galicia: Coruña, Vigo e Pontevedra, cidades nas que durante o fin de semana haberá unha marea de paraugas pola diversidade. Estades todos convidados o domingo ás 12:00 na explanada do Náutico en Vigo.

NOTICIA EN TELEMARIÑAS

NOTICIA EN FARO DE VIGO


A diversidade fainos mellores!!

Podes escoitar no seguinte enlace a canción que bailaremos todos o venres despois do recreo. O noso cole será un paraugas xigante no que TODOS E TODAS temos cabida.


E xa para despedirnos por hoxe unha curtametraxe dos super poderes dalgúns superheroes que son compañeiros nosos de clase, amigos do parque, veciños...  ACADEMIA DE ESPECIALISTAS, 


Gustouche o vídeo? Tes máis na pestana de curtametraxes!



1 comentario: