luns, 5 de xuño de 2017

OBRADOIRO DE POESÍA CO COLE JUAN MARÍA E OS NOSOS AXUDANTES DE 6º

Bo día! Hoxe vimos a contarvos unha actividade moi especial que aconteceu na nosa biblioteca o pasado 25 de maio e da que puideron gozar os nosos axudantes de 6º. Moitas grazas polo voso traballo!!!!

Dende a biblioteca invitámos a facer un obradoiro de poesía a un grupo de 15  rapaces do Centro Juan María con nosos, os axudantes de biblioteca de 6º. 

O obradoiro de poesía versou sobre Gloria Fuertes, xa que este ano esta grande poeta infantil tivo un lugar destacado na nosa escola.

A actividade que fixemos foi a seguinte: “PALABRAS FUXIDAS”.

Agrupamos en grupos mixtos de 4 rapaces e démoslles un sobre a cada un cunha poesía diferente de “Como se dibuja…” onde todos eran persoaxes humanos e recollida no poemario “Los poemas de la Oca Loca”. Nesta poesía faltaban 6 palabras ao final dalgúns versos. Primeiro tiveron que buscar unha palabra que rimando, puidese ir nese lugar. Despois dímoslles noutro sobre recortadas as palabras que faltaban e pegáronnas no seu lugar. E por último, coa personaxe do seu poema tiveron que facer pareados. Cos seus pareados fixemos un mural que levaron de agasallo.

A actividade foi un éxito grazas ao grupo tan riquiño de 30 nenos que estivo a traballar con nós. Moitísimas grazas a todos, e dende Bilbiorobiño avisamos que haberá segunda parte!










Ningún comentario:

Publicar un comentario