xoves, 27 de abril de 2017

O DÍA DO LIBRO E GLORIA FUERTES

Este luns 24 de abril, conmemoramos o Día do Libro na escola lendo e pintando poemas de Gloria Fuertes, recollidos no seu libro "Poemas de la oca loca". 



Aquí tedes un pequeno vídeo coas fotos dese día, no que afillados e padriños e madriñas vos convertestes en ilustradores da gran poeta. Lembrade que hai información dela no seguinte enlace do noso blog: GLORIA FUERTES

Se vos gustaron os seus poemas, ide a zona de poesía da biblioteca e alí hai moitos máis. De momento tedes un recantiño de poesía tamén na entrada da escola.


Ningún comentario:

Publicar un comentario